O proxecto de Programación Expandida do TRCDanza é un programa de mediación cultural vinculado ao programa anual de danza do Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Un proxecto onde aplicar de maneira práctica o concepto de Programación Expandida adecuándoo a un programa de danza que, dende o ano 2012, foi activado dende un teatro público desta cidade.

 

Caterina Varela e Andrea Quintana deseñan, acompañan e coordinan o proxecto coa forte complicidade de Paulo Rodríguez, o director do Teatro Rosalía Castro, que dende o primeiro momento apoia, impulsa e acompaña o desenvolvemento deste proxecto.

 

Aquí podedes visitar a páxina: